16 de xuño de 2016

O CUMPRE DE TANIA

O CUMPRE DE TANIA

TANIA CUMPRE 10 ANOS¡

Esta semana é un non parar¡. Esta mañá recibimos a visita da nai de Tania que viña súper pertrechada con rosca, biscoito para @s celíac@s e bebidas con vasos, panos para limparse e pratos. Resulta que hoxe Tania cumpría 10 anos¡. Mirade que guapa estaba...

 Tania xa ten 10 anos¡. Está feita unha moza¡

A rosca que trouxo mamá tiña unha pinta boísima¡

Entre as dúas non podían con ela¡

A Tania coa emoción xa lle caía o sombreiro¡


Tod@s entusiasmad@s cantáronlle o "Cumpreanos Feliz"¡

A nai de Tania non daba feito para atender a tod@s co calor que facía na clase¡


Así de contento estaba Dani ao ver o biscoito¡

Tod@s posaron para ter unha foto de recordo coa súa compañeira.




Coa barriga chea, en canto tocou o timbre do Recreo, saíron en estampida¿

Cando voltamos do Recreo tiñamos unha preciosa nota deixada pola nai de Tania.
Grazas as dúas¡. Moitas felicidades Tania¡

UNHA NAI CON INICIATIVA

O mércores desta semana Beatriz Salgado(a nai de Dani Devesa de 4º B) agasállounos na Biblioteca do noso cunha conferencia sobre "O Universo" amena, instructiva e moi creativa. @s nen@s estíveron encantad@s e foron moi participativos. Grazas Bea foi un pracer terte con nós¡. Que se repita máis veces¡

Beatriz dirixindose a un público totalmente entregado.

@s nen@s non perdían detalle das explicacións de Bea¡

Si o tema, xa de por sí, é emocionante para @s nen@s coa presentación preparada pola nai de Dani, estaban entusiasmados.

Bea preparou unha presentación moi amena e didáctica coa que tod@s repasaron conceptos estudados ao longo do curso.

Que estará pensando Sara?. Vese moi pensativa e concentrada¡

Durante a presentación Bea fixo interactuar a todo o alumnado.

Tamén Beatriz, en todo momento, escoitou o que o público lle preguntaba.

Facía xogos de adiviñas cos planetas e contáballes moitas curiosidades de cada un deles.





Pero non só dos planetas lles falou senón de aparellos tan importantes coma o telescopio Kepler, un dos máis grande cos que conta a NASA.


Continuamente @s nen@s facían preguntas sobre o tema¡
Contóulles que os GPS dos coches reciben información actualizada dende os sátelites artificiais.


Despois Beatriz con roupa e complementos que traía da casa, disfrazou a varios nen@s de diferentes planetas. O público tiña que acertar de que planeta se trataba.

Ata Dani, o seu fillo, prestouse de boa gana a axudar a mamá. Que orgulloso estaba Dani da súa nai¡






O público estaba moi atento a todo o que lles contaban¡ 


Dani, o seu fillo, non perdía prenda do que dicía a súa nai.

A información sobre os novos planetas atopados fai pouco, foi recibida cunha chea de preguntas


Non podían faltar os aneis que locen algúns planetas¡
A charla de Beatriz rematou cun grandísimo aplauso de nen@s e profes,
Moitas grazas Bea¡. Foi un pracer escoitarte¡.

FESTA VOZ NATURA NO PAZO DA PEREGRINA

O martes fomos ao "Pazo da Peregrina" en Bertamiráns @s alumn@s de 3º, 4º e 5º do noso colexio e tamén do colexio de Barouta. Eramos unha chea de rapaces¡. Houbo de todo: conferencia, powerpoints explicando a experiencia de Riamontes, un grupo musical( que sacou a bailar a moit@s nen@s)...e tamén unha merendola. Foi moi interesante e agardamos que o Concello de Ames siga tendo iniciativas coma ésta no futuro. Noraboa a tod@s¡. Son @s nen@s coma vós @s que fan que o noso medio seña un lugar respetado e valorado.


O CUMPRE DE ISMAEL

Este luns estivo de cumpre Ismael e sús nai mandou chuches especiais para que poideran comer @s nen@s celíac@s. Tod@s o pasaron moi ben e cantáronlle a Ismael o cumpreanos felíz. Moitas felicidades Ismael xa tés 11 anos¡.