2 de maio de 2016

SEMENTANDO POEMAS

  • @S NEN@S DOS COLES DE AMES ÍMOS CELEBRAR AS LETRAS GALEGAS DE 2016 CUNHA SEMENTEIRA DE POEMAS. PARA ÍSO FIXEMOS UNHA ESCOLMA DE POESÍAS DE MANUEL MARÍA, O NOSO VECIÑO DE OUTEIRO DE REI(LUGO), AO QUE ESTE ANO LLE DEDICAN AS LETRAS GALEGAS.
  • PARA QUE A SEMENTE DA NOSA LÍNGUA AGROME E BOTE FLOR, PRECISAMOS A VOSA COLABORACIÓN.
  • É MOI SINXELO. SÓ TES QUE SEGUIR ESTAS INSTRUCCIÓNS:
  • 1.- Se atopas este poema, leo e goza del.
  •  2.-Se che gustou, deixao no mesmo lugar ou lévao para outro sitio para que máis persoas poidan gozar del.
  • 3.- Se o levas para outro sitio, colócao nun lugar visible, faille unha (1) foto e envíanola a este enderezo electrónico:
  • sementandopoemas@concellodeames.gal
  • 4.-Cando nos envíes a foto, índicanos o lugar onde está feita(así saberemos por onde vai agromando a semente da nosa poesía e da nosa língua).Pedímosche, sobre todo, que non o tires nin o estragues, porque estarías esnaquizando un anaquiño de cultura e de ilusión d@s nen@s, que son cousas que tod@s precisamos.
  • MOITAS GRAZAS¡
  • Entre o 9 e o 20 de Maio encontrarás poemas de Manuel María espallados por moitos lugares de Ames.
  • Búscaos e continúa a sementeira¡¡




@