27 de abril de 2016

ALTAS CAPACIDADES

ALTAS CAPACIDADES

Civilizaciones Antiguas - Los Celtas (Documental Completo - Español)

El viaje al tiempo de los Iberos

Iberos, celtas y colonizadores

Edad Antigua. Pueblos prerromanos.

PERCORRIDO MEDIOAMBIENTAL POLA PRAIA DE AGUIEIRA


 EXCURSIÓN Á PRAIA DE AGUIEIRA EN PORTO DO SON

O venres 22 de Abríl fomos de excursión á praia de Aguieira en 
Porto do Son tódol@s nen@s de 4º de Primaria acompañados polas nosas profesoras e por unha técnic@ en Medio Ambiente do noso Concello.


 Aprendimos moitas cousas: Agora sabemos que a composición dunha praia depende en gran parte a súa ubicación e ambiente.


 Tamén aprendemos que as praias de area branca coma a de Aguieira teñen mineral de cuarzo na súa composición.
 A area da praia soe ter cunchas e anacos de minerais...
 As mareas crean áreas de humidade: a "praia traseira" atópase no lugar máis próximo a auga e a terra seca...
 A "Praia traseira" acostuma a estar seca e nela viven pulgas de area que se manteñen cerca das cunchas mariñas e as algas arrastradas polas mareas...

 Unha praia pode semellar non ter vida, pero os organismos agóchanse na area e na auga...
 Os mexillóns, algas, erizos de mar, medusas,etc crean os seus fogares na "praia dianteira"...
 Aves como as gaivotas atopan refuxio para os seus ovos...

 Elementos coma o vento, mareas e correntes mariñas cambian a apariencia da praia, polo que non se considera un "ecosistema estático"...
 Na praia de Aguieira aínda podemos ver un sistema dunar máis ou menos conservado...
 Estos sistemas dunares son moi escasos xa que durante anos foron sistemáticamente destruídos para dar paso a paseos, urbanizacións....
 Sen decatarse de que estaban eliminando a mellor defensa contra os temporais que azotan a nosa costa...

 Aprendemos que as dunas son un "ecosistema vivo" que se move e está cheo de biodiversidade.Rexeneran de forma natural as praias...
 Moita xente non lle da importancia ás dunas e pensan que son un montón de area. As pisotean, túmbanse nelas, tiran lixo, sen decatarse do tremando dano ecolóxico que provocamos neste fráxil ecosistema...
 Ensináronnos a distinguir unha ameixa dunha aroa, unha navalla de un longueirón...
 Atopamos lixo que cae dos barcos os días de mar bravo ou que a xente, aínda non concienciada, deixa abandonada na area sen saber o gran dano que provocan coa a súa acción...
 Os mexillóns o igual que as ameixas navallas e berberechos son moluscos bivalvos(que teñen dúas cunchas), pero os mexillóns viven formando comunidades máis ou menos numerosas fixados ás rochas ás que se pegan grazas ao seu pé. En Galicia é moi importante o seu cultivo que soe facerse nas numerosas bateas que surcan o Oceáno Atlántico...
 Atopamos as cunchas internas de varios chocos. Algunha era ben grande¡...
 As especies vexetais que dan lugar a unha duna son pricipalmente as gramíneas...
 Estas plantas tamen teñen adheridos pequenos caracois...
 No paseo de madeira que da acceso á praia de Aguieira clasificamos todos os elementos recollidos na praia: cunchas, pedras, algas...
 Patricia, a técnico medioambiental do Concello de Ames explicounos de forma moi amena unha chea de curiosidades que descoñecíamos: cómo distinguir unha navalla dun longueirón, cómo saber os anos dunha vieira, unha ameixa, un berberecho ou un mexillón. Cómo se forma unha perla nunha ostra...
 A respiración dos moluscos e o filtrado que fan da auga de mar...
 Canto aprendemos nunha mañán¡. Moitas grazas, Patricia¡...

Foi un pracer escoitarte¡. Ata a próxima¡.