22 de novembro de 2015

EXPERIMENTO NA AULA

Este venres fixemos un experimento na clase."UN VOLCÁN EN ERUPCIÓN". Non houbo peligro nengún 1..Primeiro contamos cun volcán de arcilla cedido por Unai, un alumno da clase.
2 Botamos unha culler de bicarbónato sódico-
3. Engadímos colorante alimentario de cor vermello.
4 Bótamos por riba unha boa cantidade de vinagre...e alá saíu unha boa cantidade de lava¡¡¡

Qué ocorre?
O vinagre é un ácido e o bicarbonato sódico unha base. Ao xuntar o vinagre co bicarbonato ten lugar unha reacción química. Unha reacción química é o proceso mediante o cal unhas sustancias, os reactivos,  transformanse noutras sustancias distintas chaamadas productos. Os nosos reactivos son o vinagre e o bicarbonato sódico que dan como productos auga, acetato de sodio (que é unha sal) e dióxido de carbono (un gas).

O dióxido de carbono, CO2, é o gas responsable de que se formen as burbullas que simulan a erupción volcánica.  A reacción química remata cando se consumen os reactivos ou alomenos un deles.