26 de marzo de 2015

PROPOSTAS DE TRABALLO

                    PROPOSTAS DE TRABALLO PARA AS VACACIÓNS

  • Facer as actividades trimestrais,sen rematar, propostas a finais de cada libro.
  • Repasar as táboas de multiplicar
  • Facer tódolos días un pouco de lectura comprensiva c@s nen@s.
  • Inventar un conto
  • Facer unha descripción.

PREGÁMOSLLES REVISEN OS ESTOXOS DO ALUMNADO, PARA REPOÑER O MATERIAL QUE PRECISEN PARA O 3º TRIMESTRE

A HISTORIA DE CEBOLIÑA CONTO ELABORADO POR 3º B

 Esta é a historia de Ceboliña,unha cebola que naceu na "Parcela das cebolas" dentro do invernadoiro que montaron os profesores do C.E.I.P. DE "Agro do Muíño.
Ceboliña vivía alí,rodeada doutras hortalizas.
Un día,de mañá cedo,escoitou unha música moi forte e con moito ritmo.
 As outras hortalizas tamén se encamiñaron cara ao lugar de onde viña a música
 A música viña dun circo que abandonaran ás aforas da cidade.
As cebolas,abraiadas por aquela cousa tan bonita,non quixeron perderse nada de nada,e de seguido entraron na carpa do circo
 Nos carromatos do circo había distintos animais:cabalos,leóns,elefantes...
 As cebolas despois de moito pensar decidiron ensaiar un número de equilibrio cos cabalos.
Que divertido¡
 As outras hortalizas tamén quixeron actuar no "Circo das hortalizas":uns facendo malabarismos,outras levantando pesos e houbo tamén un rábano-bala a quen dona cabeza de allos acendeu a mecha...
 A familia dos pementos atreveuse cos leóns,facendoos pasar polo aro.
Que ousados¡
 A familia dos tomates escolleron facer equilibrios no trapecio axudados dunha cama elástica...
 A familia pataca fixo disfrutar ao público coas súas simpáticas bromas.Apoteósico¡
 A familia brócoli traballou cós elefantes equilibristas e co seu monociclo.
O público estaba entusiasmado¡
 A familia cenoria fixo algo máis dificíl aínda: unha torre con tódolos membros da familia.
Fantástico¡
 Despois do éxito colleitado,as hortalizas deciden facer unha xira mundial....Francia,Italia,Portugal,Suiza...
 Pero antes de marchar, organizan un desfile polas rúas da cidade para despedirse de todos.