13 de abril de 2014

Como en coñecemento do Medio temos que estudar os ríos nos personificamos ese estudo no río máis importante que pasa polo noso concello: "O río Tambre

Outra vez a nosa clase foi agraciada co premio da "Palabra Quincenal".Esta vez o afortunado foi Francisco José García Sebe, a quen vemos nesta foto recibindo o seu agasallo das máns da Coordinadora do EDNL.

En que consiste o Concurso da Palabra Quincenal?

Este concurso consiste en descubrir a definición dunha palabra dada e poñer un exemplo de uso.Este ano,como non, todas as palabras teñen relación co tema da auga.

Noraboa Fran!!!!!!!!

O  xoves pasado tívemos no colexio a visita de Iván o ilustrador do libro "Bola de manteca".Ensinounos como é o traballo dun ilustrador de contos.Fixémoslle algunhas preguntas sobre o seu traballo.Despois deunos unhas follas preparadas para que nós demostrásemos as nosas habilidades como ilustradores.Foi moi entretido e pasámolo moi ben. Quen sabe, o mellor, de maiores somos uns famosos ilustradores. Trazas temos!!!!!!!!








10 de abril de 2014

Facemos experimentos con auga








Facemos experimentos con auga:

1.-Hipóteses?????. A plastilina flotará? todos din que non

definición do experimento:

2. Aplanamos a plastilina e poñémoslle cinco canicas por riba

¿Cómo pode flotar a plastilina sobre a auga?

porque ten forma de barca

3.Contraste coa hipótese inicial:

Base científica do experimento:

A auga empuxa cara arriba os obxectos introducidos nela.

A forza deste empuxe é igual ao peso da auga que o obxecto daseloxa ao mergullarse.

Por iso para que un corpo flote, o seu peso debe ser menor ao da auga desaloxada

Neste caso, unha bola de plastilina, ao mergullarse,desplaza unha bola de auga, pero ao ser máis pesada que esa bola de auga,non pode flotar e afúndese.

Pola contra, a barca feita con esa mesma bola de plastilina desplaza máis cantidade de auga.A barca, chea de aire, é máis lixeira que a auga e por iso flota.

Este experimento basease no principio de Arquímides





EDAR.Depuradora de augas residuais

Hoxe fomos os 3 terceiros visitar a planta do EDAR de Bertamiráns.Como podemos ver no video, aprendímos moitas cousas. Unhas xa as sabíamos, pero outras nolas ensinaron o equipo do EDAR, ao que dende aquí dámoslles as grazas polo tratamento que nos dispensaron.Moitas grazas a todos!!!!!!

WebRep
Calificación general
Este sitio no tiene calificación
(no hay votos suficientes)

9 de abril de 2014

O AUTISMO

Celebramos unha data que ten unha importancia especial no noso colexio.

O autismo é un transtorno neurolóxico complexo que xeralmente dura toda a vida. Neste transtorno é moi importante a detección precoz.

8 de abril de 2014

ESTUDO SOBRE A AUGA





Seguimos a traballar co tema da auga e documentámonos cos libros que propoñeñ dende a Biblioteca do Centro

3 de abril de 2014

SEGUIMOS EN RACHA!!!!!!

Andrea Pazos acaba de alzarse co terceiro premio consecutivo don concurso "A palabra quincenal".Nesta foto aparece recibindo o premio das máns da coordinadora do Equipo de Normalización Lingüística, Dolores Carracedo.

Noraboa Andrea!!!