23 de xuño de 2016

RECOMENDACIÓNS PARA AS VACACIÓNS

Durante as vacacións de verán, hai tempo para todo: pais e fill@s deben pactar conxuntamente cál será o horario de traballo durante as vacacións. Sería aconsellable que se imprimira o horario pactado e estivera exposto nun lugar visible.
É recomendable que as actividades que se leven a cabo se realicen durante as primeiras horas da mañá, despois do almorzo. É o momento do día no que están menos cans@s, máis espabilados e fai menos calor.
Así, rematadas as tarefas dispoñen de todo o día libre para o seu ocio.
O verán serve para recordar pero, por suposto, para descansar e desconectar do curso escolar.
Existen páxinas web educativas que serven para repasar xogando que é o máis recomendable e efectivo. Aquí deixamos o nome de dúas delas: ceiploreto.es e rincondeunamaestra.blogspot.com.



XA CHEGAN AS VACACIÓNS¡¡¡

Despois de todo un ano traballando con vós o Proxecto do "Universo", non queríamos despedirnos sen desexarvos unhas Boas Vacacións¡¡