26 de maio de 2016

OS ANIMAIS DO ZOO DE VIGO( Eposición Oral)

Hoxe na clase expúxemos a ficha sobre o animal que nos tocou a cada un sobre un animal do Zoo de Vigo que ímos visitar a semana que ven.

Según Martín Veiga e Dani Prieto a exposición que fixo Julia foi perfecta e gústoulles moito

Según Julia e Dani Devesa Cristina expresouse moi ben pero falou un pouco baixo

 Según Nora, Unai e Hugo, Martín o fixo moi ben pero según Nora un pouco longo en canto o concepto da reproducción.

 Según Cristina, Dani Devesa e Martín Fernández, Adrián o fixo moi ben pero un pouco baixo e lento
 Según Sara Izan o fixo moi ben pero liouse un pouco. Para María a exposición de Izan estivo perfecta e con boa voz.

 Según Santiago María fixo a súa exposición foi en tono un pouco baixo, pero a él gústoulle moitisimo e pareceulle xenial. Según Julia María contouno todo claro e ordenado.


Para Unai a exposición de Martín estivo moi ben organizado e ordenado e gústoulle moito, a Tania podería escribir máis información, pero estivo moi ben explicado.


Según Nerea e Danna,  notábase que Nora estaba nerviosa e algunhas palabras non lle saían. A súa calificación é de un traballo moi ben feito.

 Según María e Cristina a Carolina xogóulle unha mala pasada o "aparato" que ten na boca e por momentos non lle entenderon ben.


 Según Dani Prieto e Fernanda a exposición de Nerea pareceulles moi ben feita. Notábase o esforzo que puxo ao facela. Para eles quedou impresionante.

 Pola contra, a profe opina que unha parte do público estivo bastante distraído durante a exposición d@s seus compañeir@s




O DÍA DAS LETRAS GALEGAS


Aparte de tódalas actividades que xa vós contamos, tamén fixemos un mural con retratos de Manuel María feitos por nós, escribimos as  súas poesías e fixemos un boneco articulado...