4 de xuño de 2016

UNHA EXCURSIÓN MOI INSTRUCTIVA


O pasado martes día 1 de Xuño fomos de excursión os cursos de 3º e 4º do noso colexio.
A primeira parada foi no zoo de Vigo onde poidemos ver, entre outros, os seguíntes animais:



O ganso común


Unha Boa coma a do "Principiño"

Un burriño harinero que dócilmente deixou que o acariñásemos


As cebras semellaba que tiñan tres cores


O dragón barbudo


A pitón coral

Os gamos


O xabarín moi perseguido polo dano que fai en moitas colleitas


O lemur de cola anillada sempre forma pandilla

O lince ibérico unha especie en perigo de extinción

O lobo ibérico tamén ameazado

O milpés negro africano. Calquera lle merca zapatos¡

O muflón

O oso pardo. Un deles rompeu unha pata e tivo que ser operado, pero non quedou ben. Agora agarda unha nova operación


A tarántula provocou máis dun berro entre a excursión, pero logo a monitora do Zoo ensinounos unha das mudas anuais e non tivemos nada de medo. Era moi suave¡

A cotorra frentirroja, según a profe, unha colega nosa por tanto como fala...millor dito, cotorrea.

A tartaruga carbonera era moi grande¡
Tamén fumos o planetario onde moi comodamente vimos a cúpula onde se proxectan imaxes do noso universo: vimos as distintas constelacións, os asteroides, as estrelas fugaces...e aprendímos unha chea de cousas sobre o Universo.
Xa cansos, con moita calor e moita máis fame, fomos comer nunha carballeira que está a carón do zoo. Alí xantamos resgardados baixo a sombra das árbores nunhas mesas de pedra con bancos. Que gusto¡. Alí houbo foto recordo, carreiras, chistes...e, de postre...un xeado¡. Aínda que algún preferíu outras chuches. Menudo saque teñen algúns¡.
Despois dunha curta viaxe en bus, chegamos ao Parque Rupestre de Campo Lameiro.
Primeiro, como facía tantísima calor, visitamos as instalacións interiores nas que se estaba bastante máis fresco. Alí, como se trata dunha zona interactiva, abrimos caixóns, ollamos por pequenas xanelas que abrían os nosos ollos ao mundo rupestre: lanzas, cerámica, teares, frechas...etc, e finalizamos cun video onde se da unha unha posible versión do significado que os petroglifos poderían ter.
Aquí, atopamos un edificio moderno, con salas interactivas, varias sás de video, pantallas táctiles...coas que non deixamos de fedellar.

Logo, tocou a visita exterior, na que acompañados por un monitor que nos ía explicando todo... comezamos a subida do monte. Moit@s estaban máis atentos a pillar unha sombra que ás explicacións do monitor. E é que facía moita calor¡ 

Os petroglifos eran impresionantes e como decía o monitor o seu significado é un misterio para nós. Só podemos facer suposicións e dar opinións sobre o seu significado.

Unai levaba unha visera cun petroglifo moi semellante ao da foto que moito lle gustou ao monitor¡

Grazas a este petroglifo podemos saber que no período rupestre, a xente que habitaba en Campo Lameiro domesticara aos cabalos.

O conxunto de pedras que vemos na foto recibe o nome de "Outeiro da pena furada". Impresionante¡.

Esta magnífica pedra é a "Laxe dos cabalos"


Este é o comezo do percorrido pola área arqueolóxica visitable.


Esta foto corresponde ao centro de interpretación deste parque. Así, poidemos ver de forma máis detallada os diferentes símbolos atopados nos diferentes petroglifos de Campo Lameiro. Contáronnos que hai petroglifos por todo o mundo: Australia, Francia, Alemania...pero o sitio onde máis petroglifos hai, polo de agora, é Galicia.
Despois de rematada a visita exterior corremos cara "O Laberinto" onde nos sentimos como verdadeir@s  seres rupestres¡
 Ah¡¡¡. Tamén ollamos unha tumba rupestre co seu correspondente esqueleto. Ufff¡.
Os homes rupestres acostumaban a meter na tumba ferramentas, vaixela...para que a viaxe ao outro mundo fose máis cómoda para o morto. 
Esta sá molaba un montón¡. Ademáis de ver un video interpretativo sobre os petroglifos, tamén dispoñía dun enorme foco de luz ultra violeta que fixo que os que ían vestid@s ou levaban algo branco semellaran uns reflectantes viventes¡. 



Despois de rematada esta agradable visita, faltaba o peor...a viaxe de volta por unha carreteira chea de curvas: Pontevedra, Cuntis, Souto de Vea, Teo...e, por fin:Ames¡¡¡.
Merece a pena¡¡¡.