29 de marzo de 2015

A ÁRBORE DA POESÍA

As profesoras encargadas da Biblioeta fixeron unha preciosa árbore da que penduraron moitas froitas cunha poesía relacionada no seu interior.

Con esta actividade conmemoramos o Día do Libro e o do Medio Ambiente

28 de marzo de 2015

OS ALLOS E AS CEBOLAS

              Estas son as cebolas que sementamos @s nen@S de 3ºB 
                     
Estes son os allos que sementaron @s nen@s de 3º A


26 de marzo de 2015

PROPOSTAS DE TRABALLO

                    PROPOSTAS DE TRABALLO PARA AS VACACIÓNS

  • Facer as actividades trimestrais,sen rematar, propostas a finais de cada libro.
  • Repasar as táboas de multiplicar
  • Facer tódolos días un pouco de lectura comprensiva c@s nen@s.
  • Inventar un conto
  • Facer unha descripción.

PREGÁMOSLLES REVISEN OS ESTOXOS DO ALUMNADO, PARA REPOÑER O MATERIAL QUE PRECISEN PARA O 3º TRIMESTRE

A HISTORIA DE CEBOLIÑA CONTO ELABORADO POR 3º B

 Esta é a historia de Ceboliña,unha cebola que naceu na "Parcela das cebolas" dentro do invernadoiro que montaron os profesores do C.E.I.P. DE "Agro do Muíño.
Ceboliña vivía alí,rodeada doutras hortalizas.
Un día,de mañá cedo,escoitou unha música moi forte e con moito ritmo.
 As outras hortalizas tamén se encamiñaron cara ao lugar de onde viña a música
 A música viña dun circo que abandonaran ás aforas da cidade.
As cebolas,abraiadas por aquela cousa tan bonita,non quixeron perderse nada de nada,e de seguido entraron na carpa do circo
 Nos carromatos do circo había distintos animais:cabalos,leóns,elefantes...
 As cebolas despois de moito pensar decidiron ensaiar un número de equilibrio cos cabalos.
Que divertido¡
 As outras hortalizas tamén quixeron actuar no "Circo das hortalizas":uns facendo malabarismos,outras levantando pesos e houbo tamén un rábano-bala a quen dona cabeza de allos acendeu a mecha...
 A familia dos pementos atreveuse cos leóns,facendoos pasar polo aro.
Que ousados¡
 A familia dos tomates escolleron facer equilibrios no trapecio axudados dunha cama elástica...
 A familia pataca fixo disfrutar ao público coas súas simpáticas bromas.Apoteósico¡
 A familia brócoli traballou cós elefantes equilibristas e co seu monociclo.
O público estaba entusiasmado¡
 A familia cenoria fixo algo máis dificíl aínda: unha torre con tódolos membros da familia.
Fantástico¡
 Despois do éxito colleitado,as hortalizas deciden facer unha xira mundial....Francia,Italia,Portugal,Suiza...
 Pero antes de marchar, organizan un desfile polas rúas da cidade para despedirse de todos.

25 de marzo de 2015

CHARLA DE SEGURIDAD VIAL





O luns pasado veu un equipo da Direccion Xeral de Tráfico a explicarnos as novas normas de seguridade vial.Foi unha charla moi interesante e na que aprendemos moitas cousas:por onde cruzar unha rúa,os dereitos e deberes dos peóns,a obrigatoriedade de levar casco cando vaiamos en bici...

@s nen@s fíxemos moitas preguntas

18 de marzo de 2015

O SEPRONA

Os axentes da Guardia civil adscritos ao SEPRONA( servicio de protección á natureza), acudiron esta semana ao colexio para explicarnos cál era a súa función e en que medida precisaban da nosa cooperación.A charla foi moi amena e rematou convertíndose nun debate entre os alumn@s e os axentes.












14 de marzo de 2015

A MULLER TRABALLADORA






Esta semana asistimos na Biblioteca escolar ao visionado do traballo elaborado por dous alumnos de 5º sobre o día da muller traballadora.

Enhoraboa aos dous alumnos

6 de marzo de 2015

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

No noso colexio imos celebrar o "Día da muller traballadora" cun concurso sobre as "mulleres matemáticas" e o visionado, na Biblioteca Escolar, dun power-point elaborado pol@s profesores do centro.

A NUTRICIÓN NAS AULAS DE TERCEIRO

NORMAS BÁSICAS DA MANIPULACIÓN DE ALIMENTOS

LIMPAR; Hai que lavar ben as máns antes de tocarlle aos alimentos e despois de tocar carne ou peixe crú.Ademáis temos que limpar ben a superficie na que ímos a traballar e os utensilios que imos a precisar.
SEPARAR:Debemos separar os alimentos crús dos cociñados e empregar utensilios diferentes.
COCIÑAR: Temos que cocer suficientemente os alimentos para eliminar as posibles bacterias que poidan conter.
ENFRIAR:É convinte gardar as comidas cociñadas na neveira xa que a temperatura ambiente as bacterias se propagan máis axiña

EDUCACION EN VALORES: EL TREN MÁGICO

EL PAISAJE

Videos educativos sobre los diferentes paisajes

4 de marzo de 2015

NO TALLER DE DIVERSIFICACIÓN



Onte, na Biblioteca do colexio, impartironnos un Taller sobre a Diversificación.O que máis nos gustou foi que aprendimos a decir algunhas palabras na Linguaxe de signos.