9 de xuño de 2016

IZAN XA TEN DEZ ANOS¡

O CUMPRE DE IZAN

REPASANDO O IMPERIO ROMANO


O  IMPERIO  ROMANO


As orixes do Imperio romano e en concreto da súa capital Roma están envoltos  nun halo de mitoloxía e lenda que, fai difícil ata para os historiadores máis documentados, determinar a realidade do acontecido.

Según os datos arqueolóxicos Roma foi fundada o 21 de Abríl do ano 753 a.d. C. día no que se celebraba en Roma o Festival de Parilia.

A importancia que acadou o Imperio romano anos despois da súa creación propiciou que moitos historiadores pensaran que a orixe da capital Roma tiña que ser heróico e diviño. Foi por iso que a explicación da fundación de Roma se adornara con infinidade de mitos e lendas, aínda que é moi probable que a fundación de Roma fora semellante ao do resto das outras cidades existentes en Italia naquela época. As dúas lendas principais son a de Rómulo e Remo e a de Eneas que se complementan entre sí.

Alba Longa era un pequeno reino situado na Península Itálica, Numitor era o rei desta rexión pero foi expulsado da mesma polo seu irmán pequeno Amulius que pretendía o trono. Amulius asasiñou aos fillos do seu irmán, heredeiros do trono e obrigou a súa filla Rhea Silva a converterse nunha vestal ao servizo dos deuses.
Marte, o deus da guerra enamorouse de Rhea Silva e o resultado foi o nacemento de dous irmáns xemelgos, Rómulo e Remo. Amulius para desfacerse dos nenos os puxo nunha cesta no río Tíber. Unha loba(animal sagrado de Marte) acolleunos e críounos ata que un pastor os atopou e lévoullos a súa muller que facía pouco que perdera ao seu bebé e criou a Rómulo e Remo.

Unha vez que se fixeron adultos e  coñeceron a historia das súas
orixes decidiron crear un exèrcito e marchar ata Alba Longa onde derrotaron a Amulius permitíndolle a Numitor recuperar o seu trono. Despois disto, Rómulo e Remo decidiron fundar unha cidade nas proximidades do lugar no que foran atopados pola loba. Nesa zona había dúas colinas e cada irmán propón unha para construir a cidade. Rómulo quere a colina do Palatino e Remo a colina do Aventino. Para decidir sobre cál levantarían a cidade encomendáronse aos deuses e cada un subíu a súa colina agardando un sinal diviño que anunciara que a súa era a vencedora.

Remo divisou 6 enormes buitres pasar por riba da súa colina e coidou que esa era a sinal e foi a anunciarlle ao seu irmán a súa victoria. Rómulo pola súa parte divisara 12 destas aves e comezou a trazar un enorme foso circular que sería o límite sagrado da nova cidade e anunciou que daría moete a todo aquel que o atravesara. Remo enfurecido cruzou o límite e Rómulo asasiñou ao seu irmán cumprindo a promesa feita.
Así pois a cidade sitouse na colina do Palatino pola gracia dos deuses e foi poboada nos seus comezos por bandidos e vagabundos que foran expulsados das cidades veciñas e formouse o chamado pobo latino. Nembargantes esta nova cidade precisaba de mulleres para a súa evolución polo que tratou de raptar ás mulleres do pobo sabino, o que se coñece coma "O rapto das  Sabinas". O rapto levou a unha guerra, que ao final non chegou a producirse senón que pactaron a paz e os pobos latino e sabino unironse para formar a población romana, máis tarde tamén se uniron os etruscos.























UN CUMPLE POR TODO O ALTO¡

Hoxe foi o cumple de Izan. Súa nai Carolina para celebralo tivo a deferencia de facernos unha tarta de chocolate coa que tódol@s nen@s da clase tolearon.

Izan estaba todo orgulloso e contento¡. Non era para menos¡. Tiña de todo: a súa nai con él, @s seus mellores amig@s e compañeir@s e a súa tarta favorita¡. E ademáis cumpría 10 anos¡

Foi todo un éxito: moit@s lle pedían a receita da tarta e para @s que non podían tomar tarta, fíxolles un biscoito. Hugo a pesar de estar mancado nunha mán, foi o primeiro que se ofreceu a servirlle tarta aos seus compañeir@s. Moi ben por Hugo¡.


Carolina como sabe moi ben a calor que padecen @s nen@s nas aulas de enriba, tamén trouxo vasos e bebidas que tod@s agradeceron cun gran aplauso.
Houbo máis de un que repetíu ata 3 veces. Daba gusto velos comer¡.
Como podedes ver a tarta era xigante e estaba boísima¡. E, por si fora pouco, Izan repartíu unha bolsa de chuches @s compañeir@s. Tod@s xuntos lle cantamos "Cumpreanos Feliz". Grazas Izan e Carolina. Foi fantástico compartir con vós estes momentos¡. Felicidades Izan¡.