9 de xuño de 2016

UN CUMPLE POR TODO O ALTO¡

Hoxe foi o cumple de Izan. Súa nai Carolina para celebralo tivo a deferencia de facernos unha tarta de chocolate coa que tódol@s nen@s da clase tolearon.

Izan estaba todo orgulloso e contento¡. Non era para menos¡. Tiña de todo: a súa nai con él, @s seus mellores amig@s e compañeir@s e a súa tarta favorita¡. E ademáis cumpría 10 anos¡

Foi todo un éxito: moit@s lle pedían a receita da tarta e para @s que non podían tomar tarta, fíxolles un biscoito. Hugo a pesar de estar mancado nunha mán, foi o primeiro que se ofreceu a servirlle tarta aos seus compañeir@s. Moi ben por Hugo¡.


Carolina como sabe moi ben a calor que padecen @s nen@s nas aulas de enriba, tamén trouxo vasos e bebidas que tod@s agradeceron cun gran aplauso.
Houbo máis de un que repetíu ata 3 veces. Daba gusto velos comer¡.
Como podedes ver a tarta era xigante e estaba boísima¡. E, por si fora pouco, Izan repartíu unha bolsa de chuches @s compañeir@s. Tod@s xuntos lle cantamos "Cumpreanos Feliz". Grazas Izan e Carolina. Foi fantástico compartir con vós estes momentos¡. Felicidades Izan¡.




Ningún comentario:

Publicar un comentario