2 de maio de 2014

No "Concurso fotográfico" convocado pola Biblioteca do centro baixo o lema " A auga e os libros" entre os gañadores temos a un neno da nosa aula cunha bonita fotografía titulada "Pescando cultura". Felicidades, Iago¡



Para o "Día do libro e da árbore" quixemos mesturar ambas as dúas cousas para elo adornamos a porta da  nosa aula cunha árbore feita con roios de papel hixiénicos cortados e en cada folla escribimos o nome dun libro que nos gostara moito.A que quedou chulo?

TECENDO A PRIMAVERA






Quixemos conmemorar a chegada da primavera montando na "hora de plástica" un taller de tecido colectivo. Agardamos telo rematado para o "Día das Letras Galegas".Dende aquí queremos agradecer a tódalas familias a súa colaboración.Moitas grazas¡¡¡¡¡

SEGUIMOS DOCUMENTÁNDONOS


O tema intercurricular elexido para este curso é tan amplo, que seguimos as directrices da Biblioteca do Centro para documentarnos na "Hora da lectura".