2 de marzo de 2016

SEMENTANDO ALLOS

O HORTO ESCOLAR

O UNIVERSO NO ARTE

Este ano no Plambe do noso colexio traballamos o Universo.
Nós encargámonos de plasmar a obra de varios pintores que reflexaron a súa peculiar perspectiva do Universo





 Cada quén escolleu o seu pintor favorito e plasmou nunha cartolina branca a obra escollida.

Tamén escolleron a técnica: ceras, acuarelas, rodiño....
Xa vos ensínaremos os resultados¡.

O NOSO HORTO ESCOLAR: Este ano tocan allos


 Despois de limpar e rastrexar a nosa parcela, botámoslle un  bo saco de terra.

 Precisamos dunha chea de máns pois o saco pesaba 50 Kgm.

 Logo, houbo que rastrexar outra vez para deixar preparada a parcela para o abono.Que mal cheiraba¡

 Sen descanso, voltamos coller os angazos e seguimos rastrexando ata deixala preparada para sementar.


 Despois de abonar chegou o intre de sementar.
 Algúns non soportaban o cheiro¡

 Fixemos uns buratos na terra para plantar os allos...

 Tiñamos ata un letreiro para marcar a nosa parcela...








 Logo, cada un de nós, sementou unha planta de allos con moito agarimo. Sara encargóuse de regalas todas moi ben¡

Rematamos cansos pero satisfeitos do noso traballo...agora agardamos que medren¡.