2 de marzo de 2016

O NOSO HORTO ESCOLAR: Este ano tocan allos


 Despois de limpar e rastrexar a nosa parcela, botámoslle un  bo saco de terra.

 Precisamos dunha chea de máns pois o saco pesaba 50 Kgm.

 Logo, houbo que rastrexar outra vez para deixar preparada a parcela para o abono.Que mal cheiraba¡

 Sen descanso, voltamos coller os angazos e seguimos rastrexando ata deixala preparada para sementar.


 Despois de abonar chegou o intre de sementar.
 Algúns non soportaban o cheiro¡

 Fixemos uns buratos na terra para plantar os allos...

 Tiñamos ata un letreiro para marcar a nosa parcela...








 Logo, cada un de nós, sementou unha planta de allos con moito agarimo. Sara encargóuse de regalas todas moi ben¡

Rematamos cansos pero satisfeitos do noso traballo...agora agardamos que medren¡.

Ningún comentario:

Publicar un comentario