16 de xuño de 2016

UNHA NAI CON INICIATIVA

O mércores desta semana Beatriz Salgado(a nai de Dani Devesa de 4º B) agasállounos na Biblioteca do noso cunha conferencia sobre "O Universo" amena, instructiva e moi creativa. @s nen@s estíveron encantad@s e foron moi participativos. Grazas Bea foi un pracer terte con nós¡. Que se repita máis veces¡

Beatriz dirixindose a un público totalmente entregado.

@s nen@s non perdían detalle das explicacións de Bea¡

Si o tema, xa de por sí, é emocionante para @s nen@s coa presentación preparada pola nai de Dani, estaban entusiasmados.

Bea preparou unha presentación moi amena e didáctica coa que tod@s repasaron conceptos estudados ao longo do curso.

Que estará pensando Sara?. Vese moi pensativa e concentrada¡

Durante a presentación Bea fixo interactuar a todo o alumnado.

Tamén Beatriz, en todo momento, escoitou o que o público lle preguntaba.

Facía xogos de adiviñas cos planetas e contáballes moitas curiosidades de cada un deles.





Pero non só dos planetas lles falou senón de aparellos tan importantes coma o telescopio Kepler, un dos máis grande cos que conta a NASA.


Continuamente @s nen@s facían preguntas sobre o tema¡
Contóulles que os GPS dos coches reciben información actualizada dende os sátelites artificiais.


Despois Beatriz con roupa e complementos que traía da casa, disfrazou a varios nen@s de diferentes planetas. O público tiña que acertar de que planeta se trataba.

Ata Dani, o seu fillo, prestouse de boa gana a axudar a mamá. Que orgulloso estaba Dani da súa nai¡






O público estaba moi atento a todo o que lles contaban¡ 


Dani, o seu fillo, non perdía prenda do que dicía a súa nai.

A información sobre os novos planetas atopados fai pouco, foi recibida cunha chea de preguntas


Non podían faltar os aneis que locen algúns planetas¡
A charla de Beatriz rematou cun grandísimo aplauso de nen@s e profes,
Moitas grazas Bea¡. Foi un pracer escoitarte¡.

Ningún comentario:

Publicar un comentario