16 de xuño de 2016

TANIA CUMPRE 10 ANOS¡

Esta semana é un non parar¡. Esta mañá recibimos a visita da nai de Tania que viña súper pertrechada con rosca, biscoito para @s celíac@s e bebidas con vasos, panos para limparse e pratos. Resulta que hoxe Tania cumpría 10 anos¡. Mirade que guapa estaba...

 Tania xa ten 10 anos¡. Está feita unha moza¡

A rosca que trouxo mamá tiña unha pinta boísima¡

Entre as dúas non podían con ela¡

A Tania coa emoción xa lle caía o sombreiro¡


Tod@s entusiasmad@s cantáronlle o "Cumpreanos Feliz"¡

A nai de Tania non daba feito para atender a tod@s co calor que facía na clase¡


Así de contento estaba Dani ao ver o biscoito¡

Tod@s posaron para ter unha foto de recordo coa súa compañeira.




Coa barriga chea, en canto tocou o timbre do Recreo, saíron en estampida¿

Cando voltamos do Recreo tiñamos unha preciosa nota deixada pola nai de Tania.
Grazas as dúas¡. Moitas felicidades Tania¡

Ningún comentario:

Publicar un comentario