Beatriz dirixindose a un público totalmente entregado.
@s nen@s non perdían detalle das explicacións de Bea¡
Si o tema, xa de por sí, é emocionante para @s nen@s coa presentación preparada pola nai de Dani, estaban entusiasmados.
Bea preparou unha presentación moi amena e didáctica coa que tod@s repasaron conceptos estudados ao longo do curso.
Que estará pensando Sara?. Vese moi pensativa e concentrada¡
Durante a presentación Bea fixo interactuar a todo o alumnado.
Tamén Beatriz, en todo momento, escoitou o que o público lle preguntaba.
Facía xogos de adiviñas cos planetas e contáballes moitas curiosidades de cada un deles.
Pero non só dos planetas lles falou senón de aparellos tan importantes coma o telescopio Kepler, un dos máis grande cos que conta a NASA.
Continuamente @s nen@s facían preguntas sobre o tema¡
Contóulles que os GPS dos coches reciben información actualizada dende os sátelites artificiais.
Despois Beatriz con roupa e complementos que traía da casa, disfrazou a varios nen@s de diferentes planetas. O público tiña que acertar de que planeta se trataba.
Ata Dani, o seu fillo, prestouse de boa gana a axudar a mamá. Que orgulloso estaba Dani da súa nai¡
O público estaba moi atento a todo o que lles contaban¡
Dani, o seu fillo, non perdía prenda do que dicía a súa nai.
A información sobre os novos planetas atopados fai pouco, foi recibida cunha chea de preguntas
A charla de Beatriz rematou cun grandísimo aplauso de nen@s e profes,
Moitas grazas Bea¡. Foi un pracer escoitarte¡.
Ningún comentario:
Publicar un comentario