13 de abril de 2014
Outra vez a nosa clase foi agraciada co premio da "Palabra Quincenal".Esta vez o afortunado foi Francisco José García Sebe, a quen vemos nesta foto recibindo o seu agasallo das máns da Coordinadora do EDNL.
En que consiste o Concurso da Palabra Quincenal?
Este concurso consiste en descubrir a definición dunha palabra dada e poñer un exemplo de uso.Este ano,como non, todas as palabras teñen relación co tema da auga.
Noraboa Fran!!!!!!!!
O xoves pasado tívemos no colexio a visita de Iván o ilustrador do libro "Bola de manteca".Ensinounos como é o traballo dun ilustrador de contos.Fixémoslle algunhas preguntas sobre o seu traballo.Despois deunos unhas follas preparadas para que nós demostrásemos as nosas habilidades como ilustradores.Foi moi entretido e pasámolo moi ben. Quen sabe, o mellor, de maiores somos uns famosos ilustradores. Trazas temos!!!!!!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)