31 de marzo de 2016
29 de marzo de 2016
22 de marzo de 2016
21 de marzo de 2016
20 de marzo de 2016
PREMIO DA PALABRA QUINCENAL
Neste Trimestre foron catro os alumnos de 4º B premiados no concurso da "Palabra Quincenal" organizado polo Equipo de Normalización Linguística.Na foto vemos á coordinadora do equipo, a profesora Dolores Carracedo facéndolle entrega do seu premio ao alumno Izan Turnes Cacia. Noraboa a tódol@s alumn@s desta clase
19 de marzo de 2016
9 de marzo de 2016
3 de marzo de 2016
2 de marzo de 2016
O UNIVERSO NO ARTE
Este ano no Plambe do noso colexio traballamos o Universo.
Nós encargámonos de plasmar a obra de varios pintores que reflexaron a súa peculiar perspectiva do Universo
Nós encargámonos de plasmar a obra de varios pintores que reflexaron a súa peculiar perspectiva do Universo
Cada quén escolleu o seu pintor favorito e plasmou nunha cartolina branca a obra escollida.
Tamén escolleron a técnica: ceras, acuarelas, rodiño....
Xa vos ensínaremos os resultados¡.
O NOSO HORTO ESCOLAR: Este ano tocan allos
Despois de limpar e rastrexar a nosa parcela, botámoslle un bo saco de terra.
Precisamos dunha chea de máns pois o saco pesaba 50 Kgm.
Logo, houbo que rastrexar outra vez para deixar preparada a parcela para o abono.Que mal cheiraba¡
Sen descanso, voltamos coller os angazos e seguimos rastrexando ata deixala preparada para sementar.
Despois de abonar chegou o intre de sementar.
Algúns non soportaban o cheiro¡
Fixemos uns buratos na terra para plantar os allos...
Tiñamos ata un letreiro para marcar a nosa parcela...
Logo, cada un de nós, sementou unha planta de allos con moito agarimo. Sara encargóuse de regalas todas moi ben¡
Rematamos cansos pero satisfeitos do noso traballo...agora agardamos que medren¡.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)