ALTAS CAPACIDADES

AULA

17 de xuño de 2016

FESTA VOZ NATURA PATROCINADA POLO CONCELLO DE AMES



As Autoridades presenten escoitaron con especial atención os traballos realizados polo alumnado dos colexios de Barouta e dos do "Agro do Muíño"



Don Maximino Viaño autor do libro "Os mismos de arriamontes" compartíu con nós as súas vivencias neste fabuloso paraxe de Ames, o que moita xente non lle daba o valor que ten e o convírte nun vasureiro.

O Concello de Ames quixo agasallar a ambolos dous colexios cun precioso mural en cartón pluma no que aparecían tódol@s nen@s que participaron nesta iniciativa xunto os seus profesores.


A profe Cristina que é a Coordinadora de Voz Natura no "Agro do Muíño" gustáronlle moito os murais e doulle as grazas ao Concello de Ames por promover e apoiar traballos como o realizado en Riamontes.

Cristina toda orgullosa e contenta posou para os medios de comunicación co mural que lle regalou o Concello ao noso cole.


 Todos os homenaxeados amosáronse moi felices co seu agasallo.
Ademáis o Concello e a súa técnico en Medio Ambiente, Patricia, quixeron ofrecernos unha sesión de música galega coa que rematamos tod@s bailando. Pasámolo moi ben¡. E tamén houbo unha pequena merendola...
Agardamos que a xente se conciencie do importante que é conservar o noso patrimonio en bo estado. Semella que só estamos concienciad@s @s nen@s e a xente implicada nestes proxectos.