ALTAS CAPACIDADES

AULA

13 de abril de 2014

Como en coñecemento do Medio temos que estudar os ríos nos personificamos ese estudo no río máis importante que pasa polo noso concello: "O río Tambre

Outra vez a nosa clase foi agraciada co premio da "Palabra Quincenal".Esta vez o afortunado foi Francisco José García Sebe, a quen vemos nesta foto recibindo o seu agasallo das máns da Coordinadora do EDNL.

En que consiste o Concurso da Palabra Quincenal?

Este concurso consiste en descubrir a definición dunha palabra dada e poñer un exemplo de uso.Este ano,como non, todas as palabras teñen relación co tema da auga.

Noraboa Fran!!!!!!!!

O  xoves pasado tívemos no colexio a visita de Iván o ilustrador do libro "Bola de manteca".Ensinounos como é o traballo dun ilustrador de contos.Fixémoslle algunhas preguntas sobre o seu traballo.Despois deunos unhas follas preparadas para que nós demostrásemos as nosas habilidades como ilustradores.Foi moi entretido e pasámolo moi ben. Quen sabe, o mellor, de maiores somos uns famosos ilustradores. Trazas temos!!!!!!!!